PCWorld recompila as achegas positivas e negativas do porno á era dixital
luns, 22 de decembro do 2008
Ao porno, salvando as distancias, estalle pasando un pouco coma á música coa chegada de Internet: a terra firme na que se apoiaba estase vindo abaixo. Isto, igual ca no caso das canles tradicionais de distribución discográfica, obriga máis que nunca a moverse cara a adiante. Neste senso, dáse a casualidade de que o groso dos destinatarios de unha cousa e da outra xa apenas toleran unha vÃa de distribución e comunicación que sexa distinta á da vÃa dixital. Porén, na medida que o consumo da pornografÃa muda en base a Rede, é lóxico pensar que esta tamén evoluciona grazas ao porno, e diso, das variacións dadas arredor do consumo de sexo en liña é do que trata precisamente un estudo presentado estes dÃas pola revista PcWorld no que se avalÃan polo miúdo a dúas facianas da moeda: o bo e o malo que os internautas lle deben á pornografÃa en liña. O estudo, que se sitúa un pouco na vaga de investigacións de reconto e/ou prognosticación que se reforza con cada fin de ano e comezo do seguinte, semella que apunta ben alto: chega a sinalar incluso que se Internet é hoxe o que é, é en boa medida grazas á porno.
Polo que respecta ao positivo achegado pola industria do sexo en liña, a revista salienta a achega dos sistema de pago en rede, que foron habilitados e logo mellorados para o pago de servizos con tarxeta de crédito en webs que non ofrecÃan as mellores condicións de fiabilidade. Asemade, e sen saÃrmonos do bo, o porno tamén contribuÃu ao perfeccionamento do vÃdeo en streaming, tecnoloxÃa que entre outras cousas libéranos da necesidade de descargar un ficheiro no disco duro do computador para poder velo e escoitalo. Asemade, outro dos recursos que acadou especial pulo grazas á industria do sexo dixital foi precisamente a videoconferencia, que foi obxecto de esforzos de mellora por parte dos principais interesados: por unha banda as propias empresas de sexo e contactos na Rede e pola outra os seus clientes. Por outra banda, cómpre lembrar que o porno tamén axudou (por interese propio de uns e outros) en boa media á optimización do tráfico na Internet. Polo que respecta ao negativo e, como era de agardar, atopamos elementos como a publicidade enganosa (moi empregada neste eido), os materiais en liña obsoletos (webs que non serven máis que para enredar ao internauta, que é redirixido de unha a outra sen saber moi ben cara a onde), o correo lixo (presente en todas as caixas de correo electrónico, se teña buscado previamente porno ou non), etc.