Ourense inaugura telecentro e avanza na creación dunha rede sen fÃos municipal
luns, 13 de abril do 2009
O alcalde de Ourense, o
socialista Francisco RodrÃguez, inaugurou hoxe o Telecentro
de Formación e Videoconferencias da súa cidade e pertencente á Rede de
Telecentros de Comunicación, que ofrece nas súas novas instalacións de 200 m2
un total de 20 ordenadores, asà como posibilidades para a videoconferencia,
sala de formación e punto de acceso Wi-Fi á Internet. O telecentro poderá ser
utilizado por alumnos que reciban formación a distancia, profesores e
colectivos sociais e profesionais que o desexen, amais de servir de espazo para
o desenvolvemento de xornadas, seminarios e conferencias.
Durante o acto de inauguración, RodrÃguez estableceu unha videoconferencia con
Honorato López Isla, vicepresidente primeiro e conselleiro delegado de Unión
Fenosa, aó que anunciou que se lle renderá un homenaxe á súa traxectoria
profesional nas II Xornadas de Emprendedores Eduardo Barreiros que terán lugar
o vindeiro 8 de maio.
Francisco RodrÃguez tamén anunciou que o
Concello de Ourense constituirase en operador radioeléctrico para dar cobertura
legal ao proxecto Ourense Wi-Fi,
que permitirá que nuns 2 anos a cidade poida ser un referente en acceso Wi-Fi
no seu contorno rural e urbano, grazas a unha experiencia que están a por en
marcha de xeito experimental nas zonas de Seixalbo e A Cuña, e que en breve se
espallará a máis de 20 puntos e espazos públicos a través dunha rede troncal de
acceso á Internet entre Seixalbo e Pamés que contará cun investimento
aproximado de 1 millóns de euros.