Ourense acollerá este venres unha nova edición da LaconNetwork

xoves, 29 de marzo do 2012 Marcus Fernández

O encontro terá lugar en Mata-lo Bicho

Este venres o encontro de emprendedores, Internet e cloud computing coñecida como LaconNetwork celebrarase na cidade de Ourense, concretamente no local Mata-lo Bicho na Praza da Madalena, en pleno casco histórico, de xeito que o evento xunta aos albaneis da nube o último venres de cada mes fuxirá da formalidade doutras ocasións para converterse nunha xornada de petiscos, terrazas, charlas e mesmo bo viño.
Os interesados en acudir a esta xuntanza de profesionais do sector TIC terán que inscribirse na súa páxina web e aboar os 17 euros do xantar do encontro, que inclúe tortilla, luras, croquetas, chulas, tempura e tostas. Tamén é recomendable apuntarse no correspondente evento en Facebook para coñecer a outras persoas participantes no encontro e dar a coñecer a propia asistencia.

A LaconNetwork renovou hai pouco a feitura da súa páxina web, así como unha aplicación móbil para facilitar a participación no evento.

PUBLICIDADE