Ourense acolle este sábado o obradoiro itinerante para programar videoxogos do CPETIG
mércores, 5 de outubro do 2016
O
Colexio de EnxeñarÃa Técnica en
Informática (CPETIG) e a AMTEGA seguen adiante co seu obradoiro
de Scratch itinerante. Desta volta será en Ourense,
na Escola Superior de EnxeñarÃa Informática (ESEI), onde teña
lugar o dito obradoiro para
programar videoxogos con Scratch e será este sábado 8 de outubro.
A actividade en cuestión, que será de balde, está encamiñada a 15
escolares (de 7 a 15 anos) acompañados polos seus pais ou nais.
Engadir que será preciso rexistrarse
en liña para acudir ao evento.
Do
mesmo xeito que aconteceu en Vigo (este
venres 7 e tamén da man do dito Colexio, como fixemos saber onte
dende Código Cero), Ourense súmase á programación informática
a través dos cursos de Scratch promovidos polo CPETIG, unha
experiencia na que xa participaron en edicións anteriores 95 rapaces
de Coruña e 60 de Santiago.
Indo
á sesión ourensá, esta levarase a cabo de 9.30 a 14 horas nas
instalacións da ESEI, está estruturada en dous niveis que se
desenvolverán de xeito simultáneo: un para rapaces (acompañados de
pais ou nais) e outro para docentes (profesorado non universitario,
colexiados do CPETIG e do CPEIG), co obxectivo de difundir os valores
da programación informática na comunidade escolar.
En
total, a sesión dará acubillo a 60 participantes, entre escolares e
adultos.
A
participación no taller supón, tanto para docentes como para
escolares, a aprendizaxe da utilización de Scratch como factor
creativo e motivacional, utilizado con obxectivos didácticos. O
Scratch é unha ferramenta baseada en pezas que se encaixan e que
serven para construÃr pequenos programas que permiten iniciar ao
alumnado na linguaxe de programación dun xeito doado.