SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Os xulgados galegos renovaron a meirande parte dos seus equipos informáticos

luns 6 de febreiro do 2012, por Redacción | | Compartir | |

Tras a xuntanza da Comisión Mixta entre a Xunta de Galicia e a Fiscalía Superior de Galicia presidida polo fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, e o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, para facer balance do Plan Senda de modernización da Xustiza, deron conta de que o investimento que está a levar a cabo o Goberno galego neste eido permitiu que na actualidade só o 15% dos equipos informáticos dos xulgados galegos teña máis de 5 anos, cando en 2009 tal porcentaxe era do 37%.
Durante o primeiro trimestre do ano está prevista a actualización de 500 postos de sobremesa e 500 equipos portátiles, e grazas as estas actuacións conseguiuse que nas cidades de A Coruña, Ferrol, Santiago e Vigo xa se renovaran todos os equipos anteriores ao ano 2005, estando a completarse unha actualización equivalente en Pontevedra e Ourense.
Dentro desta actualización tecnolóxica tamén se implantaron 22 novos servizos de videoconferencia para Fiscalía, avanzouse na dotación de medios que permitan desenvolver actuacións dos fiscais en mobilidade e contribuíuse na integración dos sistemas de información Fortuny e Minerva.

JPEG - 194.9 KB
Alfonso Rueda presidiu a xuntanza
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS