PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Os usuarios franceses de Canal+ terán vídeo baixo demanda na Xbox 360

mércores 1 de xullo do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

As consolas de videoxogos de nova xeración de alta definición levan tempo traballando para converterse en auténticas plataformas multimedia, e os nosos veciños franceses van poder facer un uso realmente especial da súa Xbox 360, xa que de estaren abonados a Canal+ poderán acceder dende a consola a un catálogo de máis de 3.000 películas e series de televisión baixo demanda, así como a algúns partidos de fútbol en pago por visión, podendo chegar no futuro a espallarse este revolucionario servizo a outros produtos do Canal+ francés ou a outras plataformas de Microsoft.
Este tipo de prestación podería animar a moitos usuarios a adquirir unha Xbox 360, pois é de agardar que permita ver en alta definición boa parte dos contidos, o que é altamente atractivo, así como tamén permite ter unha pantalla máis para acceder aos contidos de pago da plataforma de televisión por satélite.
En Reino Unido Microsoft tamén chegou a un acordo semellante coa canle BSkyB, mentres que en España seguimos sen saber se teremos algún servizo semellante (aínda tampouco nos podemos queixar, pois somos un dos primeiros países en incorporar o Bazar de vídeo de Xbox LIVE).

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS