Os usuarios de Gol TV deberán comunicar se non desexan ver AXN

luns, 26 de abril do 2010 Marcus Fernández

Dende o 1 de maio e ata o 31 de agosto, os clientes de Gol Televisión recibirán sen custo adicional a través da TDT de pagamento a canle temática AXN, pero deberán ter tino con esta promoción, posto que rematado agosto suporá un sobrecusto de 2 euros, que cargaráselles automaticamente agás que comuniquen expresamente á compañía que non desexan ver AXN a través da TDT Premium.
AXN ofrecerá novas series como Escudo Humano ou El Filántropo, novos episodios de series en curso coma CSI Nueva York, Traume ou FlashForward, e moitas outras series de éxito coma Castle, Mentes Criminales ou Navy: Investigación Criminal. Completará a súa oferta de contidos o cine, con películas coma La Intérprete, Matador, La Momia, Zoolander ou El Mensajero del Miedo.
Por desgrazas para os consumidores que non pensen pagar pola nova canle, esta ocupará o espazo ocupado ata o momento por Sony Entertainment Television, de xeito que redúcese a oferta televisiva en aberto.

PUBLICIDADE