Os usuarios de FON poderán agasallar ós seus amigos con routers de balde

venres, 22 de decembro do 2006 Marcus Fernández

A iniciativa de Martín Varsavsky para crear unha rede global baseada en tecnoloxía Wi-Fi, FON, celebra o Nadal dun xeito sorprendente: agasallando ós seus máis de 200.000 membros rexistrados con invitacións para convidar a outros usuarios a pertencer á rede FON (ós que se lles remitirá de balde un router Wi-Fi coñecido coma Fonera).
A campaña emprega o lema Fonero Gets Fonero e pretende aproveitar a forza da súa comunidade para o seu espallamento mundial baseándose nunha especie de campaña de márketing viral que parece estar dando bastante bo resultado considerando a atención que está a captar este interesante proxecto.
Varsavsky afirma que esta campaña “é coma un agasallo para a Comunidade de xeito que empregan esta campaña para agradecer ós seus foneros a súa confianza e o seu compromiso.

PUBLICIDADE