Os terminais BlackBerry contarán cun navegador web baseado en WebKit

mércores, 17 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Research In Motion (RIM) vai mellorar a experiencia de navegación web nos seus terminais de telefonía móbil BlackBerry, para facelos máis atractivos para os usuarios non corporativos, de xeito que contarán cun navegador web baseado en WebKit (o mesmo motor do navegador web do iPhone) que é capaz de superar completamente a proba de estándares Acid3, presenta páxinas web con calidade e goza dunha función de zoom aceptable.
Esta nova aplicación estará dispoñible para terminais BlackBerry este ano, e permitirá unhas descargas máis rápidas, un renderizado máis veloz e suavidade nos desprazamentos e no zoom.


O novo navegador baseado en WebKit en funcionamento nunha BlackBerry

PUBLICIDADE