Os sistemas operativos máis vulnerables en 2014 serían OS X, iOS e Linux

luns, 23 de febreiro do 2015 Marcus Fernández

Analizando os datos da National Vulnerability Database dos EE.UU., que recolleu unha media de 19 vulnerabilidades ao día durante 2014, quixeron ilustrar sobre os que son os sistemas operativos e aplicacións máis vulnerables do ano pasado, o que algúns poden considerar bastante sorprendente, xa que desbotaría a crenza popular de que Windows é un sistema inseguro, xa que veríase adiantado en número de vulnerabilidade por OS X, iOS e Linux.
Resulta especialmente alarmante ver que os sistemas operativos de Apple son os que acumulan máis vulnerabilidades con grande diferencia, pois son plataformas cun número de usuarios moi inferior ao de Windows. Tampouco Linux tivo un bo ano, pois tivo que enfrontar fallos de seguridade tan importantes como Heartbleed e Shellshock, que afectaban a elementos moi importantes do sistema.
Aínda que Windows teña unha boa posición no que a seguridade se refire, ano entramos a analizar as súas aplicacións a cousa muda bastante, e así, as aplicacións líderes en número de vulnerabilidades forno o Internet Explorer, Chrome e Firefox, ou sexa, que os navegadores web continúan a ser aplicacións críticas á que hai que ter baixo vixilancia constante, como ao Flash Player e a Java, que os seguirían en número de vulnerabilidades reportadas. Cómpre destacar que un dos motivos que pode facer despuntar ao Internet Explorer é que a NVD rexistra vulnerabilidades de moitas versións vellas do navegador de Microsoft (que por desgraza seguen en explotación en numerosos contornos corporativos) mentres que o resto de navegadores web tenden a actualizarse automaticamente, de xeito que só serían relevantes as súas últimas versións.
Temos así que os responsables de sistemas informáticos deberían procurar ter debidamente os sistemas operativos dos equipos que administran, tendo tamén baixo o seu punto de mira os navegadores web e as aplicacións de balde (reprodutores de Flash, lectores de PDF...) que están a demostrar ser unha seria ameaza para a seguridade informática.

Táboa coas vulnerabilidades rexistradas por sistema operativo durante 2014

PUBLICIDADE