Os responsables do virus Here you Have poderÃan residir en España
luns, 13 de setembro do 2010
Seguimos a voltas con virus transmitidos a través dun gancho común: e-mails apoiados en vÃdeos de YouTube sobre cuestións de suposta actualidade. Se hai dÃas falamos do anzol lanzado co gallo dun hipotético rescate en formato audiovisual dos mineiros chilenos, agora é a quenda de Here you Have, un virus que apareceu hai mes e que foi distribuÃdo de xeito multitudinario a través de correo electrónico usando como gancho de enxeñerÃa social a cuestión que lle dá nome. Pois ben, segundo conta PandaLabs., a autorÃa deste verme, que se meteu mesmo en grandes compañÃas como Disney, entre outras moitas, foi reivindicada por un grupo de resistencia iraquÃ, chamado Tariq ibn Ziyad, que poderÃa estar emprazado en España.
Cómpre indicar a este respecto que os dÃas pasados foi localizado en YouTube un vÃdeo asinado por Iraq Resistence-Leader of Tarek Bin Ziad Group, publicado por Iqziad, de 26 años, residente en España, incluÃndo unha voz metálica feminina explicando as razóns que levaron a este colectivo a crear e distribuÃr o virus chamado Here you have. Segundo se conta no vÃdeo, o verme foi creado e distribuÃdo para afectar sobre todo a Estados Unidos por dous motivos fundamentais: para celebrar os atentados do 11-S e para reivindicar o respecto á cultura do Islam. O vÃdeo amosa unha imaxe estática de AndalucÃa ao carón dunha foto e un escudo, que se cre que sexa identificativo do grupo. O asunto está neste intre en mans do Grupo de Delitos Telemáticos da Garda Civil. Cómpre lembrar que a hipótese sobre o emprazamento español do dito colectivo tamén se apoia no feito de teren elixido Tarik como nome, un dos militares bereberes que lideraron a invasión musulmá na PenÃnsula no século VIII.