Os proxectos tecnolóxicos PéZcalo e Cludeen acadan o apoio de Xes-Innova

martes, 24 de maio do 2011 Marcus Fernández

Javier Guerra, conselleiro de Economía e Industria, presentou hoxe os proxectos empresariais de base tecnolóxica que acadaron o respaldo do fondo de capital risco Xes-Innova, que pretende apoiar a emprendementos que teñan como obxectivo a produción, investigación e desenvolvemento de todo tipo de actividades. As empresas que acadaron préstamos participativos por unha suma de 500.000 euros foron PéZcalo, Cludeen e Quantum Enxeñaría, que teñen prevista a creación de 64 postos de traballo nos vindeiros anos.
O conselleiro lembrou que dende a Consellería de Economía e Industria púxose en marcha un programa de apoio á iniciativa emprendedora que, dende 2010, inclúe axudas a proxectos e liñas de apoio financeiro, e a través deste programa en cuestión téñense mobilizado 30 millóns de euros. Guerra tamén engadiu que a súa Consellería habitou o fondo de capital risco Xes-Posibilita, para apoiar aos proxectos de empresarios con discapacidade:


As iniciativas presentadas na xornada de hoxe foron as seguintes:
- PéZcalo: plataforma de comercio electrónico que quere converterse en referente no sector da pesca deportiva (e estrearon escaparate en Facebook no mes de marzo).
- Cludeen: empresa centrada no desenvolvemento de software para empresas.
- Quantum Enxeñaría: dedica a súa actividade ao deseño, fabricación e comercialización de maquinara de produtos relacionados co tratamento e purificación de augas.

Javier Guerra presentou os proxectos TIC que vén de apoiar o fondo de capital risco Xes-Innova

PUBLICIDADE