Os políticos norteamericanos empregan blogs como ferramenta para achegar votos

martes, 7 de novembro do 2006 Marcus Fernández

A versión electrónica de El Mundo comeza o novo blog coñecido coma El Catalejo dando un repaso ós blogs políticos norteamericanos para amosar os cambios que se están a producir nos últimos anos, no que consideran que xa é un escenario completamente novo no que a política xa non pode deixar de lado á Internet nunha campaña, polo que se empregan tanto para o achegamento de fondos, a creación de comunidade e a conversa directa.
No artigo de Sergio Rodríguez destácanse webs como a de Joe Lieberman (a favorita do xornalista), político que se presenta para a súa reelección en Connecticut, aínda que tampouco quedan atrás as de Maria Cantwell, Harry Reid, Rick Santorum ou Jack Kingston.
Tamén resulta curioso ver coma o presidente da Cámara de Representantes, Dennis Hastert, non se corta, e ten o seu propio blog no que trata de calquera tema (pese á responsabilidade do seu cargo), no que parece unha iniciativa inédita a nivel mundial.
Pero quizais o que se notou máis en toda esta selección de páxinas web e que apostan especialmente polo vídeo (en case todas hai vídeos de presentación), non escatiman en imaxes e animan ós visitantes a interactuar, converténdose os blogs na ferramenta de achegamento máis habitual.

PUBLICIDADE