Os obradoiros Girl STEAM chegan a Santa Comba e Ortigueira

xoves, 19 de agosto do 2021 S. P.

O programa itinerante de obradoiros STEAM, derrubando estereotipos, impulsado por AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre) e a axencia autonómica AMTEGA, segue este mes de agosto o seu periplo de divulgación tecnolóxica para a rapazada.
En concreto, chega estes días a Santa Comba e a Ortigueira, entre outros concellos. No primeiro caso, as citas celébranse en Santa Comba (o 24 de agosto, logo da primeira cita do 17 de agosto). No caso de Ortigueira, as sesións desenvolveranse os días 26 e 27, en horario de mañá (a primeira quenda de 10 a 11.30 horas e a segunda de 12 a 13.30 horas).
O obxectivo do Programa Girl STEAM é “promover a creación de referentes, visibilizar roles e motivar as vocacións tecnolóxicas temperás dirixidas á rapazada”. Búascase tamén espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría, Artes e Matemáticas) a través de obradoiros formativos prácticos.

PUBLICIDADE