Os novos portais empresariais galegos a disposición de empresarias da Coruña

venres, 23 de maio do 2008 Raquel Noya

O vindeiro día 29 de maio, ás 20:30 horas vai ter lugar, no local da Asociación de Empresarias da Coruña, unha charla gratuíta sobre os novos portais empresariais Bygalicia, Galiciapms e Galiciaxa, tres referentes no desenvolvemento da actividade económica en Galicia a través da Rede.
O acto, organizado pola Asociación de Empresarias da Coruña en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, ten como público obxectivo as persoas interesadas en coñecer programas libres para edición de textos, retoque fotográfico, navegar por Internet... así como para aquelas que están pensando en crear a súa propia empresa e precisan saber dos trámites a seguir e as subvencións existentes.
Os interesados en acudir á devandita charla deberán inscribirse na Asociación de Empresarias da Coruña, sita na AV. Alcalde Pérez Arda, 53 baixo, a través do teléfono 981297870 ou ben nos enderezos electrónicos: pilar.acoruna@dinamiza.sociedadedainformacion.eu e aeco@fega.net.
Asemade, a devandita Asociación, sempre en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, terá aberta a súa aula de informática, en horario de verán, de luns a xoves de 9:00 a 14:00 horas, para que calquera persoa poida achegarse de balde ás novas tecnoloxías e facer uso das instalacións. Nos vindeiros meses, ademais, levaranse a cabo unha serie de obradoiros tecnolóxicos nos que poderán participar, de balde, tódolos interesados en afondar o seu contacto coas novas tecnoloxías da comunicación e a información.

PUBLICIDADE