Os negocios teranos máis doado para manter a súa presenza en Twitter

martes, 28 de xuño do 2016 Marcus Fernández

Para facilitar a comunicación dos empresas co público dende Twitter están a lanzar unha nova ferramenta en liña, Twitter Dashboard, que bota a andar coa súa versión web e con aplicación para iOS (esta última polo momento só dispoñible en beta nos EE.UU.), buscando así que os responsables dos negocios poidan conseguir dun xeito doado unha imaxe do que se di deles nas redes sociais, á vez que tamén poidan programar chíos e consultar estatísticas sobre o desenvolvemento das súas publicacións en Twitter. Falamos de posibilidades que Twitter xa ofrece de xeito separado a través de Twitter Analytics e TweetDeck, e que agora centralízanse nunha ferramenta que pode resultar de grande utilidade.
Esta ferramenta facilita a interacción dos negocios coa súa audiencia na Rede, permite programar as publicacións en Twitter para que se vexan nas horas nas que os clientes están en liña e incluso achega ideas sobre o que publicar a través dunha columna con suxestións. Un interesante achegamento de Twitter a un público corporativo que en moitas ocasións vía atrancos á hora de manexar a súa presenza nesta plataforma social.

PUBLICIDADE