Os móbiles de Orange poderán comunicarse co Messenger de Microsoft

xoves, 19 de outubro do 2006

Orange e Microsoft lanzarán conxuntamente un servizo de mensaxería instantánea que permite interoperar entre o PC e o móbil, baseándose en Windows Live e que permitirá que os 240 millóns de usuarios do Messenger de Microsoft se poidan comunicar cons 135 millóns de clientes de Orange.
O novo servizo chegará a Francia a primeiros de decembro, pasando despois a Reino Unido e a España.
O cliente para PC do Orange Messenger permitirá comunicacións VoIP así como o acceso ós servizos do portal de Orange (blogs, tons, logos ou correo electrónico) e a versión móbil destaca porque non cingue as comunicacións a clientes de Orange, senón que servirá para manter comunicacións con calquera outro usuario de Windows Live Messenger.

PUBLICIDADE