Os mapas de Google incorporan imaxes submariñas

mércores, 26 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Continuando no seu labor de elaborar o mapa máis exhaustivo, preciso e práctico do mundo, Google Maps incorpora imaxes panorámicas do fondo mariño, permitindo que os usuarios poidan mergullarse entre coloridos arrecifes de coral e achegarse aos seus habitantes coma se estivesen a pasear pola rúa dunha da cidade. Entre as localizacións rexistradas están os arrecifes de Australia, Filipinas e Hawai, o que nos permite descubrir na Grande Barreira de Coral a unha tartaruga mariña cun banco de peixes o seguir a unha manta polo mar, mentres que na Illa Apo podemos atopar estruturas de coral dunha reserva mariña e en Hanuama Bay será posible explorar os arrecifes de coral do cráter Molokini.
Biólogos mariños, mergulladores ou simple curiosos poden así aproveitar a tecnoloxía desenvolvida para Google Street View para coñecer mellor o fondo do océanos do noso planeta tal e como explican no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE