Os maiores de Brión, máis capacitados nas TIC

mércores, 30 de xuño do 2010 Raquel Noya

Un total de 22 veciños e veciñas de Brión veñen de recoller cadanseus diplomas acreditativos por ter participado, entre os meses de outubro a xuño, no Curso de Informática para Maiores, celebrado no Concello.
As persoas que participaron, acudiron en dous grupos a razón de catro horas semanais.
O coordinador dos cursos de informática que organiza o Concello de Brión, Antonio Casal, explica que “durante estes meses aprenderon a utilizar, sobre todo, Internet e crearon as súas contas de correo e Facebook”. Unhas clases que foron totalmente de balde e que tiveron lugar na aula de informática do centro social polivalente.

PUBLICIDADE