Os maiores da Estrada participarán en setembro nun obradoiro de capacitación dixital

xoves, 10 de agosto do 2023 S. P.

Dende o 8 de agosto até o vindeiro 1 de setembro (ambos días incluídos) estará aberto o prazo para que as persoas do termo municipal de Estada interesadas en avanzar en coñecemento tecnolóxico participen no Curso de Capacitación Dixital que organiza o IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez en colaboración co Concello, que se vai desenvolver ao longo do mes de setembro, precisamente. Será unha actividade formativa de alfabetización tecnolóxica destinada a veciñas e veciños maiores de 55 anos. O curso levarase a cabo no dito centro educativo.
En total impartiranse 30 horas a través de distintas sesións que terán lugar en horario de tarde e na que o alumnado se repartirá en 4 grupos formados por 15 ou 16 persoas cada un. As solicitudes deberán ser recollidas e presentadas unicamente de xeito presencial no departamento de Servizos Sociais.

PUBLICIDADE