Os internautas escollen as dez mellores e peores ideas da última década
martes, 14 de abril do 2009
Deixar de emitir Aquí
hay tomate, non levar a Raul á Eurocopa, xuntar a Bebo Valdés e ao Cigala
ou mandar calar a Chávez son algunhas das grandes ideas (atinadas ou non tanto)
que se levaron a cabo no noso país nos últimos dez anos; os mesmos que vén de
cumplir o Club de Creativos que, con motivo do seu aniversario, lanzou unha
votación á Rede na que deixa nas mans dos internautas a elección das dez mellores e peores
ideas da última década en España.
Ata o vindeiro 22 de abril, os internautas poderán votar
entre quitar o servizo militar obrigatorio, legalizar o matrimonio homosexual
ou inventarse un cantante ficticio e levalo a Eurovisión como as ideas máis
xeniais da década, ou pola contra, escoller entre roubarlle a carteira ao campeón mundial dos 100 metros e sair
correndo ou intentar poñerlle letra ao himno, como as peores.
A organización deste concurso dará a coñecer as mellores e
peores ideas a xuízo dos españois o vindeiro 24 de abril, día no que por fin
saberemos se investir en selos foi peor que a emisión de Operación Triunfo pola
televisión.
Ata o de agora, as dúas mellores ideas da década que
encabezan a listaxe son: “Quitar a mili”
e “Investigar con células nai”, e as
dúas peores (como non podía ser doutra maneira) son: “Apoiar a guerra de Irak” e o “Redondeo”,
que non sabemos como se arreglan pero sempre é á alza e nunca lles chega a nada
aos que o fan.
Outras grandes ideas candidatas a facerse co galardón son,
contratar a Rafael Amargo para organizar o carnaval de Tenerife, facerlle ler a
Urdaci unha carta de rectificación no telediario, tentar casar coa Duquesa de
Alba, sen ministro de xustiza e ir de caza sen licenza ou convencer á xente de
que precisa tomar L-Casei Inmunitas
tódalas mañás.
Os resultados daranse a coñecer durante o certame anual de
creatividade publicitaria que se celebrará en Madrid.