Os informáticos mobilizaranse este sábado para pedir un corpo de seu na Administración galega

xoves, 19 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Nos últimos meses o colectivo dos Enxeñeiros en Informática veñen a esixir o regulamento do exercicio da súa profesión, chegando a organizar mobilizacións nas cidades de toda España, e nesta mesma liña convocan para o vindeiro sábado en Santiago de Compostela unha manifestación multitudinaria baixo o lema Galicia por una informática digna, secuntada pola RITSI (plataforma que aglutina ás delegacións de alumnos dos centros educativos das Enxeñarías en Informática) e que tamén contará co apoio do Colexio Profesional de Enxeñeiros en Informática de Galicia.
Esta acto convocado dende a páxina web huelgainformatica.es non se limita a reiterar as reivindicacións de mobilizacións anteriores, senón que pide concretamente a creación dun corpo de Informática na Administración autonómica, e partirá o sábado ás 12:30 horas do Paseo da Alameda para rematar na Praza do Obradoiro, cun itinerario que se pode consultar en Google Maps:

PUBLICIDADE