Os iPods poderían afectar ós marcapasos

venres, 11 de maio do 2007

Un estudo analizou o efecto dos reprodutores multimedia iPod en 100 persoas con marcapasos, detectándose que a petade das veces que o reprodutor estaba a 5 centímetros do peito do usuarios durante entre 5 e 10 segundos se producía unha interferencia eléctrica, e nalgún caso incluso se detectaron interferencias a máis de 40 centímetros de distancia.
Hai que destacar que estes efectos non se limitarían ós reprodutores de Apple, senón que se poderían trasladar ó resto de fabricantes, e nun principio non se pode concluír que os reprodutores multimedia afecten ó bo funcionamento dos marcapasos principalmente porque os pacientes con este tipo de dispositivo cardíaco non son usuarios de iPods, polo que se precisarán de máis estudios para obter resultados concluíntes.

PUBLICIDADE