Os iPhone teñen un botón secreto

venres, 30 de outubro do 2020 Marcus Fernández

Coa chegada de iOS 14 os usuarios están a descubrir un botón secreto no seu smartphone, que sería o logotipo da mazá situado na parte traseira do dispositivo. Realmente non se trata dun botón físico, senón dunha función da do sistema operativo chamada back tap ou toque traseiro, que pode activarse nas opcións de accesibilidade do móbil e permite así que a parte traseira do móbil actúe como un botón táctil que podemos pulsar dúas ou tres veces seguidas para disparar distintas funcións a xeito de atallo.
Esta nova opción pode resultar práctica para mudar de aplicación, acceder ao menú de notificacións ou ao centro de control, activar Siri ou incluso realizar unha captura de pantalla, sendo esta función compatible coa aplicación Atajos, de xeito que pode facerse case de todo con este botón invisible, o que resulta sorprendente polo feito de que normalmente Apple non permite niveis de personalización tan elevados, polo que será interesante ver se manteñen esta prestación a longo prazo e os usuarios comezan a tirar proveito da mesma.

PUBLICIDADE