Os grupos de WhatsApp permiten que só os administradores poidan publicar mensaxes
luns, 2 de xullo do 2018
Continúan as melloras para os grupos de WhatsApp, e tras incorporar
descricións e máis controis de administrador, chega agora outra
funcionalidade prometida: a posibilidade de limitar
o envÃo de mensaxes aos administradores.
Esta nova prestación á que podemos ter acceso a través da configuración dos
grupo, permite elixir entre a configuración predeterminada (que calquera
participante poida publicar nun grupo) ou limitar o envÃo de mensaxes aos
administradores (lembremos que o creador dun grupo pode nomear múltiples administradores)
o que permite que os grupos poidan converterse practicamente en canles de
comunicación unidireccionais, o que pode resultar práctico para a recepción de
comunicacións ou novas, evitando asà a molestia de que calquera usuario empregue
o grupo para remitir mensaxes fóra do obxectivo do grupo.
A nova configuración dos grupos de WhatsApp pode lembrarnos ao que acontece coas
listaxes de distribución por correo electrónico, das que tanto poden ser foros
de discusión como ferramentas para a distribución de boletÃns informativos.
Agora WhatsApp pode replicar este comportamento, aÃnda que antes do seu uso
intensivo para tal finalidade cómpre lembrar que unha das caracterÃsticas
propias dos grupos de WhatsApp é que os participantes poden acceder á listaxe
de membros do grupo, o que pode provocar grandes problemas no ámbito da
protección de datos (ou sexa, que os grupos deberÃan limitarse a ámbitos moi
reducidos e controlados para evitar serias responsabilidades por parte dos
administradores).