Os galegos poden presentar en liña as demandas por impago que non precisan da intervención de profesionais

mércores, 8 de agosto do 2018 Redacción

A sede xudicial electrónica da Xunta permite xa a presentación en liña dos procedementos monitorios, unha fórmula xudicial para reclamar impagamentos, que non precisa da intervención dun avogado ou dun procurador. É unha das últimas funcionalidades incorporada á sede xudicial electrónica galega, que desde outubro de 2016.
A presentación telemática de procedementos monitorios comezou a implantarse este ano nos órganos xudiciais de Vigo e A Coruña e, actualmente, xa está habilitada en todos os partidos xudiciais para os procedementos monitorios das xurisdicións civil ou social. A sede xudicial electrónica ofrece aos cidadáns outros servizos como a posibilidade de consultar os expedientes xudiciais dos que son parte e comprobar a autenticidade e integridade de documentos electrónicos emitidos pola Administración de Xustiza en Galicia.
Tamén están accesibles na sede xudicial electrónica a axenda de sinalamentos de vistas, o calendario de gardas, a calculadora de taxas xudiciais ou o censo de letrados. O obxectivo é que a sede se consolide como canle única para todas as actuacións, procedementos e servizos do ámbito xudicial.

PUBLICIDADE