Os fundadores de Microsoft recrean unha fotografía de hai 32 anos

xoves, 4 de abril do 2013 Marcus Fernández

En 1981 os fundadores de Microsoft, Bill Gates e Paul Allen, protagonizaron unha fotografía en branco e negro na que estaban rodeados de ordenadores e agora, 32 anos despois, decidiron divertirse recreándoa no Living Computer Museum creado polo propio Allen en Seattle, e no que estes día tivo lugar un encontro de pioneiros do mundo da informática. A nova fotografía publicouna Allen a través de Twitter, e resulta bastante rechamante porque ambas figuras, pese a ser o xermolo de Microsoft, levan moitos anos afastadas, xa que Allen deixara a súa actividade na compañía de Redmond en 1982 (por motivos de saúde), pasando a ser máis coñecido polas súas obras filantrópicas ou por ser o dono dun par de equipos: os Seatle Seahawks (NFL) e os Porland Trail Blazers (NBA).

Fotografía orixinal tomada en 1981

PUBLICIDADE