Factura electrnica

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Os enxeñeiros galegos en Informática amósanlle ao Goberno o seu malestar polo desleixo na defensa da profesión

martes 13 de abril do 2010, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

JPEG - 29.6 KB
Fernando Suárez, presidente do Colexio galego

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de amosarlle o Goberno español o seu malestar pola súa postura en relación á defensa dos intereses da profesión. A entidade galega achega así o seu rexeitamento perante as declaracións sobre a cuestión da Enxeñaría en Informática emitidas pola adxunta primeira do Defensor del Pueblo, María Luisa Cava de Llano y Carrió, declaracións que a xuízo do CPEIG amosan unha clara “desconsideración cara a profesión e cara a súa regulación”.
O malestar dos enxeñeiros galegos non é novo e materializouse previamente noutra queixa enviada ao Defensor na que se lle pedía promover dende o seu Gabinete a adopción de medidas para o regulamento das profesións de Enxeñaría en Informática e Enxeñaría Técnica en Informática. A resposta a esta queixa, subministrada pola devandita adxunta primeira, non reflicte –a xuízo do CPEIG-, a realidade da importancia das ditas titulacións na sociedade actual.
Para o Colexio, a carta amosa unha postura de desleixamento cara a defensa dos ditos profesionais, que segundo o que se conta na misiva terán que ficar pendentes de regulación posto que o seu labor non se presta de xeito directo a consumidores que precisen dunha especial protección por estar suxeitos a danos graves ou irreversibles na súa saúde ou seguridade persoal. Deste xeito, sinala a entidade galega, a carta desbota a creación dunha reserva de actividade que “non estaría xustificada en ningún interese público a protexer e prexudicaría seriamente os lexítimos intereses doutros profesionais que hoxe compiten no mercado”.
Perante desas aseveracións, o CPEIG quere lembrar a transcendencia da profesión que defende en eidos como son a protección de datos ou a xestión de aeroportos e quirófanos, por poñer só uns exemplos. Para o Colexio, “a falta de regulación da profesión fomenta o intrusismo, os traballos de baixa calidade e a falla de planificación e recursos”.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS