Os empresarios da Coruña intercambiarán información co portal Prevencionar

luns, 26 de xaneiro do 2015 Redacción

A Confederación de Empresarios da Coruña asinou un acordo cos responsábeis do portal de prevención de riscos laborais Prevencionar co obxectivo de divulgar hábitos de seguridade para o traballo. O convenio atinxe un intercambio de información sobre medidas a desenvolver para garantir espazos de traballo máis seguros. Lembrar que este portal é hoxe en día unha comunidade de internautas que envorca boa parte dos seus esforzos en divulgar, aplicar e normalizar recursos de prevención de riscos. Segundo informaron as dúas partes, a web en cuestión exercerá de canle de información sobre as novidades de prevención, obradoiros e proxectos da CEC.
Lembrar que Prevencionar é un portal referente no eido das prácticas orientadas a acadar meirande seguridade nos ambientes laborais. Recibe máis de 5.000 visitas diarias distribuídas en preto de 160 países. Segundo lembra a CEC, Prevencionar é unha comunidade de profesionais comprometidos coa prevención, a seguridade e a saúde dos traballadores. Conta cunha web que recibe máis de 36.000 visitas ao día e moitos seguidores nas redes sociais.

PUBLICIDADE