Os clientes de ONO poderán contratar Gol Televisión a través de streaming

mércores, 10 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

ONOweb.net informou en primicia que o operador de cable ONO está a preparar unha nova promoción mediante a que os clientes que teñan contratado o seu servizo de Internet poderán subscribirse á canle televisiva Gol Televisión por 14,90 euros/mes para ver a súa programación dende a páxina web da compañía, limitándose esta oferta a 1.200 clientes e contando cun compromiso de permanencia ata o vindeiro mes de xuño.
Dende ONOweb.net destacan que os usuarios da PlayStation 3 que teñan instalada unha versión do seu firmware igual ou superior á 2.5, que inclúe compatibilidade co reprodutor Flash 9 poderán gozar de Gol TV Online a través da consola de videoxogos.

PUBLICIDADE