Os centros educativos galegos recibirán copias do OpenOffice en galego

venres, 22 de decembro do 2006

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Innovación e Industria remitirá a tódolos centros educativos de Galicia un CD-ROM co OpenOffice en galego (xunto co seu corrector lingüístico) de xeito que se promove o uso do software libre no contorno educativo, que se complementará con formación para o profesorado no paquete ofimático, así como en soporte técnico do mesmo.
O OpenOffice é así unha solución aberta e libre para satisfacer as demandas habituais no traballo de oficina como é o proceso de textos, as follas de cálculo, as bases de datos ou a creación de presentacións multimedia, que agora xa se pode achegar en galego.

PUBLICIDADE