Os centros CeMIT de Oroso, Santiago e Arzúa amosan as mellores técnicas para o retoque fotográfico

luns, 25 de xuño do 2012 Redacción

As aulas CeMIT de Santiago, Arzúa e Oroso darán acubillo, ao longo desta semana, a unha acción formativa sobre retoque fotográfico. Esta actividade, informan a axencia AMTEGA e máis a Secretaría Xeral de Medios, terá unha duración de 15 horas e consistirá en facer partífices aos asistentes dos coñecementos e técnicas máis avanzadas para o tratamento das imaxes dixitais. O curso forma parte do Programa de Dinamización 2012 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia.
Os responsábeis da actividade botarán man das posibilidades da videoconferencia das propias aulas CeMIT para achegar a actividade, en tempo real e de maneira simultánea, aos devanditos centros de Santiago, Arzúa e Oroso. O Programa de Dinamización ofrece tamén outras actividades de 15 horas (acerca de tecnoloxías de streaming e de xestión de comunidades) e outras dúas de 40 horas sobre creatividade multimedia e produción audiovisual.

PUBLICIDADE