Os celtas chegarán en breve a Age of Empires Online
luns 6 de febreiro do 2012, por |
O popular xogo Age of Empires Online
prepárase para unha actualización, de xeito que tras a chegada dos persas a
este xogo de estratexia en tempo real que botou a andar o pasado verán facendo
uso da plataforma Games for Windows, prepárase
a chegada dos celtas a este tÃtulo de Gas Powered Games que para atraer a
novos usuarios permite gozar de máis de 40 horas de xogo de balde, incluÃndo
civilizacións como a grega e a exipcia, aÃnda que é preciso pagar polas súas distintas
ampliacións.
A expansión celta de Age of Empires
Online incorporará novidades interesantes na exploración de reinos do norte
ou a posibilidade de adquirir novas unidades como druÃdas e espadachÃns,
incluÃndo tamén novo equipamento e recompensas.
Podemos ver máis detalles sobre esta ampliación do xogo no seguinte vÃdeo de
adianto:

- Tras os persas, os celtas serán a vindeira civilización en integrarse en Age of Empires Online
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















