SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Os cataláns levan aos dispositivos móbiles a cultura dos castellers

mércores 8 de febreiro do 2012, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

Os castellers, as construcións humano-festivas propias de Catalunya, xa están nos dispositivos móbiles. Isto non quere dicir que se poda facer un castelo de naipes con diferentes dispositivos, senón algo menos perigoso para a tecnoloxía. Estamos a falar de iCastellers, unha proposta de xogo para dispositivos de Apple e Android (a finais deste mes de febreiro) que consiste, como o seu propio nome indica, en permitirnos, pola vía do virtual, o que non todos estamos a dispostos a facer polo vieiro do real: participar nunha destas torres humanas.
iCastellers, que segundo apuntan os seus creadores xa se ten feito un oco no Top 10 Games de AppleStore, a nivel nacional, vén da man dun grupo de emprendedores de Vilafranca del Penedès (Barcelona), experimentados xa na práctica real dos castellers e con clara intención de catalanizar un pouco o panorama TIC (para cando unha regueifa para dispositivos?), tan globalizado el. Cómpre lembrar que esta tradición castellera é un dos emblemas máis recoñecíbeis da cultura catalá, declarado Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO en 2010. O xogo en cuestión é un xeito máis de celebrar este feito e, ademais, da facilitar un divertimento de tipo cultural, a medio camiño entre a proposta de lecer e a reivindicación etnográfica.
A día de hoxe, informan, o xogo amorea máis de 1.300 descargas a nivel mundial, e entre os países nos que se está a aprender, arreo, a metodoloxía básica para facer un castelo humano atopamos España, Estados Unidos, Canadá, Australia, Reino Unido, Xapón, Malaisia, Hong Kong, Arxentina ou México. O xogo está dispoñíbel en catalán, inglés e castelán. En breve poderemos velo en xaponés, ruso e chinés. O seu prezo é de 1,59 euros.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS