Os cartuchos piratas para a Nintendo DSi actualízanse

xoves, 6 de agosto do 2009 Marcus Fernández

A actualización da consola portátil Nintendo DSi que incorporaba a posibilidade de publicar as fotografías tomadas coa DSi en Facebook tiña un efecto secundario moi calculado, pois facía que os cartuchos que permitían o uso de xogos piratas deixaban de funcionar, pero moitos dos fabricantes destes dispositivos estaban preparados, e os fixeron actualizables, de xeito que o cartucho R4i Gold demostrou nun vídeo publicado na súa páxina web que xa era capaz de funcionar nunha consola portátil de Nintendo co firmware 1.4, xogada que é de agardar que repliquen noutros dispositivos semellantes en breve.


Vídeo no que demostran as posibilidades da actualización do cartucho R4i

PUBLICIDADE