Os británicos xa poden gozar de enderezos de e-mail rematados en @gmail.com

martes, 4 de maio do 2010 Marcus Fernández

O servizo de correo electrónico de Google ten unha marca recoñecida a nivel internacional, pero nalgúns países entrega en conflito con marcas anteriores, de xeito que en vez de Gmail tiveron que rebautizar localmente o servizo coma Google Mail, aínda que dende agora os británicos xa non terán que facer tal, e tras case 5 anos os usuarios no Reino Unido que teñan contas de e-mail rematadas en @googlemail.com poderán optar por mudar de enderezo por outro rematado en @gmail.com, mentres que os novos usuarios poderán optar directamente por tal nome de dominio, o que supón un importante aforro de carácteres. Dende Google estiman que este cambio de nome de dominio no Reino Unido podería aforrar 60 millóns de pulsacións de tecla ao día.
O uso do dominio Gmail.com en Reino Unido é posible grazas a un acordo coa compañía coa que existía o conflito de marcas (Independent International Investment Research), aínda que non detallaron as condicións do acordo.

PUBLICIDADE