Os beneficios de Xiaomi non chegan dos smartphones

venres, 25 de novembro do 2016 Marcus Fernández

Nos últimos anos vimos como o fabricante chinés emerxía con impresionantes smartphones a prezos moi inferiores ao que estabamos afeitos, parecendo imposible que puidesen fabricar terminais con elevadas prestacións e acabados coidados para vendelos a prezos propios de móbiles de gama baixa, pero unhas declaracións de Hugo Barra para Reuters confirman o que moitos sospeitaban: Xiaomi non gaña cargos cos smartphones.
O tema saíu a raíz do feito de que no último trimestre as vendas de Xiaomi en China caesen un 45%, o que non provocou que a valoración da compañía baixase, e a explicación é bastante clara: os beneficios da compañía están noutros produtos, e os smartphones serían esencialmente un elemento promocional, que empregarían para crear unha boa imaxe de marca. Barra chega a asegurar que «poderiamos vender 10.000 millóns de smartphones e non conseguiriamos nin 10 centavos en beneficios», mentres que produtos para o fogar como puirificadores de aire e auga, arroceiras e outros trebellos son os que permiten que a compañía xaponesa teña uns bos resultados que garántenlle un bo futuro económico.
A previsión de Xiaomi é de facturar 10.000 millóns de iuans (1.365 millóns de euros) en produtos para o fogar durante este ano.

PUBLICIDADE