Os avatares de Xbox 360 queren liberarse

martes, 16 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Microsoft quere que os avatares que se subiron á súa consola de videoxogos a través de Nova Experiencia Xbox teñen unha vida exterior polo que insta aos usuarios a liberalos para levalos fóra da Xbox 360 a través unha aplicación web baixo o lema Libera tu avatar que permite importar o noso avatar, aplicarlle unha imaxe de fondo e exportar o gráfico xerado (que tamén pode incluír textos para, por exemplo, compor unha felicitación de Nadal) para distintos usos.
As imaxes xeradas por este novo servizo poden servir así para usar coma iconas no Messenger, para inserirse coma fotografías en Facebook, para subir a foros… en definitiva, para que saían do seu contorno natural e espallen a súa vida ao resto da Internet, axudando aos usuarios que buscan utilizar o seu avatar coma representación gráfica de si mesmos.

Co novo servizo en liña é doado compor felicitacións de Nadal co novos avatar de Xbox 360

PUBLICIDADE