Os anuncios móbiles de Google terán en conta a localización do usuario

xoves, 30 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Os teléfonos móbiles actuais contan con distintas tecnoloxías que permiten establecer a súa localización, o que pode aproveitarse tanto para a utilización de mapas como para a personalización de servizo, e nesta última liña está a levar Google a súa plataforma de publicidade móbil, que faise hiperlocal, de xeito que cando un usuario permita compartir a súa localización, a publicidade que recibirá nas páxinas web que consulte dende o móbil terá en conta a proximidade dos anunciantes, o que tamén será de grande utilidade para o usuario, pois podería presentar información adicional ás buscas realizadas.
Dende Google están convencidos de que no futuro a meirande parte das buscas serán móbiles, así coma a meirande parte dos ingresos publicitarios da compañía, de aí que aposten con tanta forza na xeolocalización, o que tamén están a facer distintas plataformas de redes sociais, deixando clara esta tendencia de mercado.

PUBLICIDADE