Os altofalantes NuForce S3-BT conseguen son con calidade CD a través de Bluetooth
mércores, 17 de outubro do 2012
Os melómanos en poucas ocasións están satisfeitos coa
calidade de son que achegan os dispositivos Bluetooth, e para axustarse máis ás
súas demandas dende NuForce presentan os seus altofalantes
S3-BT, que fan uso dos últimos codecs aptX e ACC para conseguir unha
transmisións do audio por Bluetooth con claridade e sen distorsións, permitindo
escoitar con calidade CD a música que teñamos almacenada nun iPhone, iPod
Touch, iPad ou dispositivos con Android.
Estes altofalantes Bluetooth 4.0 están fabricados con materiais de calidade e
cun deseño intelixente, o que permite que evitar resonancias e distorsións,
conseguindo un son natural, á vez que conta cunha aparencia elegante, estando
dispoñibles en cor branca ou negra dende
o 31 de outubro por 299 dólares.
Para tirar un maior aproveitamento destes altofalantes, tamén contan con
entradas analóxicas para poder conectalos ao televisor ou a outros dispositivos
de lecer electrónico, e incluso contan cun porto USB cunha saÃda de 1 A para
poder cargar os nosos trebellos electrónicos.
- Os altofalantes tamén poden recibir audio mediante conexións analóxicas e inclúen un porto USB de carga