Os Video Podcasts chegan a Spotify en España

martes, 12 de xullo do 2022 Marcus Fernández

A decidida aposta de Spotify polo podcasting levounos a incorporar na súa plataforma tamén os Video Podcasts, respondendo á tendencia de moitos podcasts de contar tamén con versión en vídeo. Este formato estaba limitado a EE.UU., Canadá, Nova Zelandia, Australia e Reino Unido, e hoxe anuncian que esta función para a estar dispoñible para os creadores de podcasts de Alemaña, Brasil, Francia, Italia, México e España.
Temos así que dende o noso territorio xa é posible publicar Video Podcasts en Spotify, e como exemplo temos a última entrega do podcast La Ruína, no que participa Ignatius Farray, e que agora podemos consumir como gravación sonora ou en vídeo, en función da atención que queiramos dedicarlle, mentres que para os creadores de contido é unha oportunidade para abrir novas canles de financiamento.
Os creadores de podcasts que gravasen anteriormente en vídeo os seus episodios poden agora empregar a unha nova ferramenta de migración de substitución masiva dispoñible en Anchor a través da que substituír a vella versión sonora dos seus podcasts por versións audiovisuais das diferentes entregas.

PUBLICIDADE