Os Samsung Galaxy Watch5 activan o seguimento do ciclo menstrual en España

mércores, 19 de abril do 2023 Marcus Fernández

Samsung anunciou hoxe que a medición de temperatura da pel se engade ao seguimento do ciclo baseada no calendario, de xeito que os Galaxy Watch5 e Galaxy Watch5 Pro permite obter información máis detallada para controlar os ciclos menstruais das persoas e a súa saúde en xeral. Esta nova función está a espallarse como actualización de Samsung Health en numerosos países entre os que se atopa España.
Cómpre salientar que o seguimento do ciclo menstrual busca axudar a programar días de relaxación para tratar a fatiga ou facer exercicio suave para aliviar a dor pélvica premenstrual, ou sexa, para axudar a unha mellora da saúde integral durante o ciclo, e non como medida de control de natalidade.

PUBLICIDADE