Os Pulitzer premian ao xornalismo dixital
martes, 17 de abril do 2012
- Arianna Huffington, Tim O’Brien e Tim Armstrong con parte do equipo do Huffington Post celebrando o Pulitzer de David Wood
Nas últimas horas déronse a coñecer os gañadores dos Premios
Pulitzer, que nesta edición consideráronse especialmente relevantes porque 2
dous seus premios recaeron en obras publicadas exclusivamente en liña, aÃnda que
os seus autores fixeran anteriormente carreira en publicacións impresas.
O premio á
mellor reportaxe nacional recaeu en David Wood pola súa reportaxe
sobre os veteranos de Iraq e Afganistán Beyond
The Battlefield publicada no Huffington Post en 10 entregas, no que é
un dos mellores exemplos que podemos atopar de xornalismo, e que a publicación
dirixida por Arianna Huffington soubo aproveitar para crear un espazo vivo na
web, enriquecéndoo coas achegas que foron chegando a posteriori e gozando dunha excelente acollida por parte dos
lectores.
No apartado
de tiras editoriais, o autor das viñetas cómicas de POLITICO, Matt Wuerker,
tamén veu recoñecida a súa labor. Estamos ante o primeiro Pulitzer
que recibe POLITICO, e curiosamente foi para a súa sección de humor
polÃtico; Cómpre destacar que Wuerker xa publicaba antes en diarios como The
Washington Post, Los Angeles Times ou The New York Times.
- O humor gráfico de Wuerker publicado no dixital POLITICO valeulle un Premio Pulitzer