Os Premios Mestre Mateo animan aos espectadores e ás institucións públicas a coidar o noso audiovisual

luns, 30 de abril do 2012 Redacción

Engurras, o filme de animación con selo galego do que temos falado en Código Cero con motivo das súas vertentes dixitais, foi o un dos grandes gañadores, con cinco distincións, da noite dos Premios Mestre Mateo 2011, celebrada este sábado no recinto Palexco da Coruña. Segundo fixo saber a organización, os galardóns estiveron moi repartidos este ano, xa que á marxe dos cinco recoñecementos para Engurras, houbo outros tantos para a longametraxe Doentes, catro para Matalobos e tres para o documental Tralas Luces e para o filme de televisión Condesa Rebelde.
A gala, que serviu para dar renda solta a todo tipo de reivindicacións por parte de organizadores, participantes e convidados (a presentadora María Castro cargou con moita retranca contra os recortes da Xunta en cultura), conseguiu reunir a case un milleiro de persoas. A maioría dos galardoados aproveitaron a oportunidade para solicitarlle á Consellería de Cultura que o seu apoio ao audiovisual galega se manteña, xa que se trata “dun sector estratéxico que xera moitos postos de traballo e sentido de país”.
Polo que respecta á temática que nos toca, a das novas tecnoloxías da información, lembrar que na categoría de Mellor Obra Interactiva quedou gañadora Area fai seis, o conto multimedia do Instituto Galego de Consumo que editou Galaxia e desenvolveu Moonbite, unha achega dispoñíbel de balde na web de Consumo.
Area fai seis, con texto de Araceli Gonda e con ilustracións en plastilina de María Noel Toledo, é un material didáctico para introducir a perspectiva do consumo responsable na etapa de Educación Infantil. Intégrase nun álbum dixital Dálle a volta da Escola Galega de Consumo, é destaca polo nivel de participación coa cativada conseguido a través de todo tipo de elementos: sons, animacións e efectos especiais.
A listaxe final dos premiados quedou deste xeito:
· Obra publicitaria
Colección de cortiniñas (TVG-Abano Producións S.L.)
· Interpretación feminina de reparto
Camila Bossa (Matalobos)
· Interpretación masculina de reparto
Antonio Mourelos (Matalobos)
· Curta de animación
El club del bromista
(Luís Usón e Usón Studio)
· Curta de ficción
As damas negras (Sonia Méndez e Oroboro Films)
· Obra experimental
De amor e cantería (Píxel Films e Fundación Manuel María)
· Maquillaxe e perruquería
Mara Collazo, Chicha Blanco (Emilia Pardo Bazán, A Condesa Rebelde)
· Deseño de vestiario
María Gil (Emilia Pardo Bazán, A Condesa Rebelde)
· Dirección artística
Paco Roca (Engurras)
Alexandra Fernández (Doentes)
· Montaxe
Sandra Sánchez E Nahum C. Fiuza (Tralas Luces)
· Dirección de produción
Enrique Batet (Doentes)
· Dirección de fotografía
Suso Bello- A.E.C. (Doentes)
· Mellor documental
As silenciadas (Mr Misto Films S.L)
· Programa de televisión
Zigzag Diario (TVG)
· Obra interactiva
Area fai seis (Instituto Galego De Consumo (Igc), Editorial Galaxia, Ánxeles Abelleira e Moonbite)
· Son
Diego S. Staub, Carlos García, Miguel Barbosa (Engurras)
· Música orixinal
Nani García (Engurras)
· Longa documental
Tralas Luces (Tic Tac Producciones en coprodución con Lagarto Cine, Ukbar Filmes e TVG)
· Interpretación masculina protagonista
Antonio Durán "Morris" (Doentes)
· Interpretación feminina protagonista
Susana Dans (Emilia Pardo Bazán, A Condesa Rebelde)
· Comunicador de televisión
Roberto Vilar (Land Rober)
· Guión
Ángel De La Cruz, Ignacio Ferreras, Paco Roca, Rosanna Cechinni (Engurras)
· Realización
Marta Piñeiro, Judas Diz (Matalobos)
· Dirección
Sandra Sánchez (Tralas Luces)
· Película tv
Eduardo Barreiros, O Henry Ford Galego (Continental Producciones, Salero Films e TVG)
· Longametraxe de animación
Engurras (Perro Verde Films S.L., Cromosoma S.A. Elephant In The Black Box e TVG)
· Serie de televisión
Matalobos (Voz Audiovisual S.A.U. e TVG)
· Longametraxe de ficción
Doentes (Filmanova Invest S.A.U., Zircozine, TVG e R)

PUBLICIDADE