Os HP TouchSmart medran de tamaño e resolución de pantalla
mércores, 17 de setembro do 2008
A famlia de
ordenadores de HP integrados nunha pantalla táctil conta xa cun irmán maior, o HP
TouchSmart IQ800, que é o nome da gama de equipos con pantallas de
25,5 polgadas, o que non só achegan un tamaño considerable senón que tamén
presentan unha resolución de 1.920 x 1.200 pÃxeles, o que os fan axeitados para
contidos FullHD. Inclúen Wi-Fi, Bluetooth, webcam, sintonizador de televisión,
mando a distancia, altofalantes, 5 portos USB, FireWire, teclado e rato sen
fÃos.
Polo momento se dan a coñecer dous modelos destes equipos, comezando polo IQ804,
que funciona cun procesador Intel Core 2 Duo T5850 a 2,16 GHz, 500 Gb de disco
duro e unha tarxeta gráfica nVIDIA GeForce 9300 M GS con 256 Mb de memoria de
vÃdeo; mentres que o IQ816 emprega un Core 2 Duo T8100 a 2,1 GHz, 750 Gb de
disco duro, tarxeta gráfica nVIDIA GeForce 9600 M GS con 512 Mb de memoria e lector
de discos Blu-ray.
O IQ804 se venderá por 1.899 dólares a partir do dÃa 31, mentres que o IQ816 se
retrasará ata o 12 de outubro, cando se poderá adquirir por 2.099 dólares.
- Os HP TouchSmart trasladan a experiencia de uso dun iPhone aos ordenadores de sobremesa