Os Fraguel volven nunha serie gravada con móbiles iPhone

mércores, 22 de abril do 2020 Marcus Fernández

As plataformas de vídeo baixo demanda están a vivir un momento crítico, xa que disparouse o seu uso a nivel global por mor do confinamento á vez que as súas novas producións están conxeladas polo mesmo motivo, polo que teñen por diante un reto difícil de superar para poder reter ao público que puideron gañar ultimamente. Pero a situación actual aínda deixa marxe para a sorpresa, como demostrou nas últimas horas Apple TV+, plataforma aínda emerxente, que nos EE.UU. está a estrear a serie Fraggle Rock: Rock On!, que recupera a clásica serie de Los Fraguel de Jim Henson dun xeito orixinal.
Fraggle Rock: Rock On! É unha serie totalmente nova e orixinal, composta por mini-episodios que estrearanse cada martes, e que centrarase en como podemos relacionarnos a través da amizade en tempos do distanciamento social, para o que veremos aos monicreques de Jim Henson illados en distintas covas, o que non impedirá que atopen a diversión cos amigos valéndose da música, as propias parvadas dos Fraguel, das creacións dos Curris e incluso dalgún convidado especial.
Esta nova serie filmouse empregando móbiles de Apple dende os fogares do equipo de produción e de artistas individuais repartidos por todo EE.UU.

Vídeo promocinal da serie estreada por sorpresa nos EE.UU.

PUBLICIDADE