Organizan en Melide un obradoiro para que as empresas locais tiren proveito da Internet

venres, 5 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Imaxe dun curso sobre Arduino impartido por Jorge Lama

A Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM) organiza os vindeiros días 11 e 12 de xullo en horario de 21:00 a 22:30 horas un curso de balde co título O teu negocio na Internet que busca axudar ás empresas e autónomos de Melide a coñecer o que precisan para ter presenza na Internet e nas redes sociais, así como o aproveitamento que poden tirar da Rede para dar unha maior difusión aos seus negocios.
Este obradoiro será impartido por Jorge Lama, formador, community manager e fotógrafo local, debullará o potencial da Internet como ferramenta para os negocios de hoxe en día e, aínda que esta actividade formativa busca principalmente instruír a empresarios e autónomos, está aberto a calquera interesado en introducirse no uso comercial da Internet.

PUBLICIDADE