Ordes organiza catro obradoiros máis de novas tecnoloxías este verán

mércores, 2 de xullo do 2008 Raquel Noya

Imaxe dun dos obradoiros que tiveron lugar no Centro Comarcal de Ordes o pasado mes de xuño

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información) vén de anunciar que o Centro Comarcal de Ordes, que acolle tódalas actividades de dinamización desta comarca, ten programados catro obradoiros de novas tecnoloxías para este mes de xullo, destinados a tódolos veciños interesados independentemente da súa idade.
Os cursos programados, que se engaden ás iniciativas presentadas no mes de xuño das que xa falamos nesta mesma web, son os seguintes: Procura de emprego por Internet (8 horas), Mecanografía (14 horas), Intern@te na receita (14 horas) e Crea un blogue (8 horas) e levaranse a cabo en horario de mañá na Aula de Informática da Vila, situada na Casa da Cultura.
As persoas interesadas en participar deberán poñerse en contacto cos responsables desta iniciativa a través da dirección de correo: rebeca.ordes@dinamiza.sociedadedainformacion.eu ou chamando ao teléfono 981 688 386 en horario de 11:00 a 15:30 horas os luns, mércores e venres, e de 16:00 a 21:15 horas os martes e os xoves.

PUBLICIDADE