Orange desenvolve 13 casos de uso con tecnoloxÃa 5G en Galicia
luns, 21 de decembro do 2020
Galicia foi un dos territorios escollidos polo operador
Orange para presentar a súa candidatura á última convocatoria de axudas
estatais de Red.es no marco do Plan Nacional 5G para desenvolver proxectos
piloto con esta tecnoloxÃa. Tras resultar adxudicatario destas subvencións o
pasado mes de agosto, representantes
do operador reunÃanse estes dÃas coa directora da Amtega, Mar Pereira, e o
director xerente de Retegal, Miguel RodrÃguez, para expoñerlles os 13 casos
de uso cos que probarán diferentes aplicacións do 5G no ámbito sanitario,
turÃstico, educativo, industrial, loxÃstico, na agricultura de precisión, no
gaming e no ámbito portuario nos que xa están a traballar e que se
desenvolverán ata o 2022.
Cun investimento de preto de 9 millóns de euros, 2,4
públicos, as diferentes solucións desenvolveranse en UTE con dúas pemes
galegas, Opatere e Info, e a empresa Gamera Nest. O proxecto de Orange foi o
segundo de maior importe dos oito concedidos en España na última convocatoria.
Este piloto, con 13 casos de uso, súmase ao concedido a
Telefónica na primeira convocatoria estatal, cun importe de 11 millóns de euros
e aos impulsados pola Administración autonómica desde o Nodo 5G Galicia cos
tres operadores, Telefónica, Vodafone e Orange cun investimento de 2 millóns de
euros. En total, están a desenvolverse na Comunidade máis de 30 casos de uso
baseados en tecnoloxÃa 5G por importe de 22 millóns de euros.
Plan Galicia 5G
Estes pilotos dan resposta ao requisito marcado por Europa
de que os Estados membros realicen casos de uso, é dicir, escenarios nos que se
che teste e pilote esta tecnoloxÃa, como paso previo ao seu despregamento.
Consciente desta realidade a Administración pública autonómica apostou por exercer
un papel facilitador á hora de abordar o desenvolvemento tecnolóxico de
Galicia. Por iso en xullo de 2018 foi a primeira Comunidade en aprobar un Plan
para impulsar o ecosistema 5G galego e favorecer o despregamento destas redes
no territorio.
En menos dun ano puxéronse en marcha as principais liñas do
plan. A primeira, conformar un Nodo 5G co compromiso dos tres principais
operadores (Telefónica, Orange e Vodafone) de realizar 9 casos de uso 5G,
actualmente en marcha.
Este posicionamento de Galicia no 5G contribuÃu a que fose
unha das dúas Comunidades en conseguir a subvención estatal para desenvolver un
piloto de Telefónica, ao que se engade agora o de Orange nesta segunda
convocatoria. En total, e grazas ao impulso de ambas as administracións, en Galicia
desenvolveranse máis de 30 pilotos de 5G repartidos polas catro provincias en
ámbitos de especial interese para a Comunidade como a sanidade, a loita contra
os incendios, a industria, o vehÃculo conectado, o turismo ou a educación.
Ademais, o Plan Galicia 5G aposta tamén pola formación e
puxo en marcha o primeiro curso de Especialista Universitario en 5G, en
colaboración coa Universidade de Vigo, que vai iniciar a súa segunda edición.