Optenet e Mambo Technology unen forzas para mellorar a seguridade web das empresas

venres, 15 de maio do 2009 Raquel Noya

Mambo Technology, maiorista de valor engadido especialista en novas tecnoloxías, e Optenet, multinacional española provedora de solucións integradas de seguridade web e correo electrónico, veñen de asinar un acordo de distribución polo que melloran a súa posición no mercado (español e portugués) e incorporan solucións integradas de seguridade, máis innovadoras e eficaces, para cubrir as necesidades de seguridade informática que cada compañía precise.
O principal obxectivo desta alianza é permitirlle a Mambo Technology incorporar ao seu portfolio as solucións integradas de seguridade de Optenet para proveedores de servizos de Internet, telecomunicacións móbiles e grandes empresas.
Grazas a esta unión, o maiorista ofreceralle aos seus clientes toda a gama de produtos de seguridade web e correo electrónico para entornos corporativos da familia Optenet Solutions for the Enterprise (Optenet WebFilter™, Optenet WebSecure™, Optenet MailSecure™ e Optenet NetSecure™), así como a súa recentemente mellorada suite de seguridade para provedores de servizos e operadoras móbiles, Optenet Solutions for Telco, así como os produtos incluídos na familia Optenet EndPoint Solutions, enfocados ao usuario final.
Á súa vez, o fabricante poderá incrementar e reforzar a súa rede de partners certificados en toda a Península Ibérica, principalmente en zonas periféricas da Comunidade de Madrid, onde Mambo ten unha gran presenza.

PUBLICIDADE